Friday 03 de May de 2024

A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel ll de Touro, protagonistas do Concerto de Nadal-Ano Novo


 

A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel II de Touro foron as protagonistas na mañán de hoxe domingo, 29 de decembro, do Concerto de Nadal e Ano Novo no Concello de Touro. Os veciños e forasteiros poideron desfrutar dun fermoso concerto na Casa da Cultura de Touro e que serviu para o lucemento da Banda Xuvenil do Concello de Touro, integrada polos membros máis novos e que proceden da Escola da Banda de Música Isabel II. O concerto, que esta previsto para o sábado antes do día de Nadal, fora suspendido a causa do temporal Fabien. As dúas bandas interpretaron esta mañán un repertorio con diversos temas que foi a ledicia do público. No inicio tamén se luciron os solistas máis novos da Banda Xuvenil. As dúas formacións musicais aproveitaron a ocasión para mostrar o traballo feito ao longo de todo o ano e para desexarlle aos veciños e veciñas de Touro un próspero 2020. O Concello de Touro, que apoia a iniciativa da Banda e da súa Escola de Música, mostra especial interés por impulsar a formación entre os máis xóvenes do municipio e motivarlles para o estudio da música. Tamén se entregaron os premios aos gañadores da edición de este ano do Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O Concello de Touro desexa a todos un feliz 2020.